Inicio -> Servizos xerais -> Catálogo de trámites -> Comunicación previa de obras

Comunicación previa de obras

Descripción Comunicación previa de obras de conservación e mantemento, reformas menores sen afección habitabilidade e estrutura, peches laterais, posteriores e frontais sen cesión (urbanizacións, cesión efectuadas en parcelación ou con obras edificación).
Quen o pode solicitar? Promotor das obras
Documentación a aportar
  • Manifestación expresa de que as obras cómpren co ordenamento urbanístico.
  • Memoria e orzamento.
  • Plano de situación.
  • Fotografías da edificación, local, peche, afectado pola obra.
  • Autorización da comunidade de propietarios no caso de obras en edificios de propiedade horizontal.
  • Informes/autorizacións sectoriais.
  • No caso de realizarse en edificacións ou elementos na situación de fora de ordenación, renuncia ao valor expropiatorio e autorización de inscrición no rexistro e escritura pública.
  • Taxa.
  • Icio. Coa resolución de declaración de eficacia se houbese disconformidade no Icio inicial requeriráse o seu abono no prazo dun mes dende a notificación correspondente
Prezo e forma de pagamento
  • Taxa inicial.
  • Icio inicial

*Coa resolución de declaración de eficacia se houbese disconformidade no Icio inicial requeriráse o seu abono no prazo dun mes dende a notificación correspondente.

Se dispón dun certificado dixital, DNI electrónico ou usuario da Sede Electrónica do Concello de Oleiros, pode obter as cartas de pagamento e realizar o pagamento en liña destas taxas na sección de autoliquidacións (con identificación).

Se non dispón dun usuario para entrar na sección privada da sede, poderá xerar igualmente a carta de pagamento no apartado autoliquidacións (sen identificación) pero terá que realizar o abono nalgunha das oficinas das entidades colaboradores que se indican no documento de pago.

Normativa

Lei 2/16 do Solo de Galicia, Decreto 143/16 Regulamento da Lei do Solo de Galicia, Plan Xeral de ordenación municipal, Planeamento, e Ordenanza municipal reguladora do procedemento de intervención e control a execución de obras ou exercicio de actividades ou servizos

Quen tramita a solicitude? Urbanismo
Forma de iniciación A petición do interesado
Subsanación O prazo será de 10 días -> subsanación documentación requerida.
Organismo resolutor Urbanismo
Fin da vía administrativa A resolución pon fin á vía administrativa
Recursos

Contra a mesma, por ser un acto que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano administrativo que a dicta, no prazo DUN MES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, LPACAP. Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante os Xulgados do Contencioso-Administrativo da cidade de A Coruña, no prazo de DOUS MESES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/98, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

Todo isto sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, LPACAP, de formular a solicitude á que se refire o artigo 106.1 da citada Lei, ou de interpoñer aqueloutros que estime procedentes.

Máis información

Efectos presuntos:

3 meses segundo a Lei do Solo 2/16, artigo 143.1 non se entenderán adquiridas por silencio administrativo facultades ou dereitos contrarios á ordenación territorial ou urbanística.

DESCARGA DE DOCUMENTOS
LIGAZÓNS DE INTERESE
3 de Xuño do 2019

Presencial Presencial

  • Oficina de atención ao cidadán
    • Praza de Galicia, 1
    • Horario:

      Horario de atención presencial:

      • De luns a venres, de 8:30 a 13:30

      Horario de atención telefónica:

      • De luns a venres, de 8:00 a 20:00
      • Os sábados de 9:00 a 13:00
    • Telf: 981 610000

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029