Inicio -> Servizos xerais -> Catálogo de trámites -> Licenza de obra nova, ampliación e rehabilitación

Licenza de obra nova, ampliación e rehabilitación

Descripción

Execución obra nova en parcela libre de edificación, ampliación edificación existente, rehabilitación integral de edificación existente

Quen o pode solicitar?

Promotor: Propietario ou titular sobre o solar que teña un dereito sobre a parcela para construir (LOE).

Documentación a aportar

Ver toda a documentación

Prazo de tramitación 3 Meses (desde que figure completa a documentación)
Prezo e forma de pagamento
  • Taxa inicial.
  • Icio liquidación provisional ( 1 mes coa licenza de obras)
  • Icio liquidación definitivo ( na licenza de 1ª ocupación) si existe diferencia na valoración no final de obras.

Se dispón dun certificado dixital, DNI electrónico ou usuario da Sede Electrónica do Concello de Oleiros, pode obter as cartas de pagamento e realizar o pagamento en liña destas taxas na sección de autoliquidacións (con identificación).

Se non dispón dun usuario para entrar na sección privada da sede, poderá xerar igualmente a carta de pagamento no apartado autoliquidacións (sen identificación) pero terá que realizar o abono nalgunha das oficinas das entidades colaboradores que se indican no documento de pago.

Normativa Lei 2/16 do Solo de Galicia., Decreto 143/16 Regulamento da Lei do Solo de Galicia, Plan Xeral, Planeamento e Ordenanza municipal reguladora do procedemento de intervención e control a execución de obras ou exercicio de actividades ou servizos.
Quen tramita a solicitude? Urbanismo
Forma de iniciación A petición do interesado
Subsanación

O prazo será de 10 días -> admisión a trámite.

O prazo será de 1 mes -> petición de documentos durante a tramitación.

Organismo resolutor Urbanismo
Fin da vía administrativa A resolución pon fin á vía administrativa
Recursos

Contra a mesma, por ser un acto que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano administrativo que a dicta, no prazo DUN MES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, LPACAP.

Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante os Xulgados do Contencioso-Administrativo da cidade de A Coruña, no prazo de DOUS MESES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/98, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

Todo isto sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, LPACAP, de formular a solicitude á que se refire o artigo 106.1 da citada Lei, ou de interpoñer aqueloutros que estime procedentes.

Observacións

Efectos presuntos:

3 meses segundo a Lei do Solo 2/16, artigo 143.1 non se entenderán adquiridas por silencio administrativo facultades ou dereitos contrarios á ordenación territorial ou urbanística

Máis información Para solicitar unha licenza de obra nova, ampliación ou renovación, deberá de cubrir o modelo de solicitude que acompaña a esta ficha descritiva e presentalo xunto coa documentación exixida nun punto de rexistro ou a través do rexistro electrónico.
Trámites relacionados
DESCARGA DE DOCUMENTOS
LIGAZÓNS DE INTERESE
3 de Xuño do 2019

Presencial Presencial

  • Oficina de atención ao cidadán
    • Praza de Galicia, 1
    • Horario:

      Horario de atención presencial:

      • De luns a venres, de 8:30 a 13:30

      Horario de atención telefónica:

      • De luns a venres, de 8:00 a 20:00
      • Os sábados de 9:00 a 13:00
    • Telf: 981 610000

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029