Inicio -> Servizos xerais -> Catálogo de trámites -> Actividades de verán 2020

Actividades de verán 2020

Descripción Programa de actividades de verán organizado polo Servizo Municipal de Educación, Departamento de Cultura, Servizo Municipal de Deportes e o Centro de Información Xuvenil.
Medios de contacto

Tel. 981 610 000 / 981 636 598

afabrica@oleiros.org

Onde solicitalo?

Centro Cultural A Fábrica

Rúa do Inglés 13

15172- Perillo (Oleiros)

Quen tramita a solicitude? Concello de Oleiros
Requisitos Estar empadroado no Concello de Oleiros
Organismo resolutor Concello de Oleiros
Observacións

A preinscrición telemática debe realizarse obrigatoriamente na web municipal www.oleiros.org, na sede electrónica (non é necesario estar rexistrado/a). 

Admitirase unha única solicitude por persoa empadroada e nela poderá marcarse unha única actividade. 

Se alguén presenta máis dunha solicitude co mesmo nome a través da sede electrónica darase como válida a última presentada.

É importante gardar o número de inscrición xa que as diferentes listaxes virán relacionadas por esta numeración.

No caso de haber máis solicitantes que prazas resolverase por sorteo público o mércores 1 de xullo ás 12.00 h, no auditorio da Fábrica.

No caso de que unha persoa resulte admitida nunha actividade e teña irmáns ou irmás solicitantes de praza na mesma actividade estes últimos incorporaranse á lista de admitidos/as, sempre que o permitan as características propias de cada actividade.

As situacións de acollemento familiar, separación ou divorcio nas que os/as menores non consten como empadroados/as, deben ser comunicadas mediante correo electrónico durante o período de preinscrición.

Quen pretenda acollerse a algunha bonificación (Servizos Sociais, familia numerosa...) deberá acreditalo previamente á solicitude do pagamento na conserxería da Fábrica.

No caso de estar admitido/a nunha actividade débese solicitar o envío por correo electrónico da documentación para formalizar a inscrición e efectuar e xustificar o pagamento, así como as instrucións no caso de querer efectuar o pagamento a través da pasarela electrónica. Informarase destas instrucións de pagamento e formalización de praza na web municipal.

Para formalizar a inscrición será imprescindible achegar por correo electrónico (ou excepcionalmente de manera presencial) o xustificante do pagamento das actividades dentro dos correspondentes prazos e entregar a ficha de inscrición ou documentación correspondente. En caso contrario perderase o dereito da reserva.

O concello de Oleiros resérvase o dereito de anular actividades nas que non se acadase un número suficiente de persoas participantes, ou en calquera momento en función das circunstancias excepcionais ou recomendacións sanitarias relacionadas coa evolución da pandemia do COVID-19.

Máis información

CALENDARIO DE INSCRICIÓNS

  • Do 25 ao 28 de xuño: preinscrición persoas empadroadas na sede electrónica
  • O 30 de xuño: publicación de listas de preinscritos.
  • O 1 de xullo: sorteo público as 12.00 horas.
  • 2 de xullo: publicación de listas definitivas de admitidos na web municipal
  • Do 3 ao 8 de xullo: pagamento e entrega de documentación .
  • A partir do 10 de xullo: publicación de vacantes e inscrición libre.
DESCARGA DE DOCUMENTOS
23 de Xuño do 2020

Telemático Con certificado Tramitación con certificado

Telemático Con DNI/PIN Tramitación con DNI / PIN

Telemático Sin certificado Tramitación sen certificado

Presencial Presencial


Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029