Inicio -> Servizos xerais -> Catálogo de trámites -> Solicitude preinscrición XXX Triatlón Concello de Oleiros

Solicitude preinscrición XXX Triatlón Concello de Oleiros

Descripción A través deste servizo, o cidadán pode facer a preinscrición para o XXX Triatlón do Concello de Oleiros
Onde solicitalo?

Calendario de inscrición:

  • Do mércores 6 de marzo ás 10:00 horas ata ó mércores 13 de marzo ás 13:00h, abrirase o prazo de preinscrición na web municipal do Concello de Oleiros www.oleiros.org, Concellería de Deportes. É necesario achegar os seguintes datos: nome, apelidos, NIF, data de nacemento, categoría, teléfono, enderezo electrónico, enderezo postal (rúa, número, piso, código postal, municipio, provincia), tamaño de camiseta e nome do club ou no seu caso, non federado.
  • A organización reservará 20 prazas para triatletas das categorías cadete e junior, e 30 prazas para mulleres.
  • O 14 de marzo publicarase a listaxe de persoas preinscritas, na web municipal.
  • O 15 de marzo ás 10:00 h farase un sorteo público na Fábrica, no caso de haber máis solicitantes que prazas.
  • O 18 de marzo publicarase a listaxe provisional na web municipal.
  • Do 21 ao 26 de marzo (inclusive) será o prazo de pagamento. Para facer efectiva a participación o comprobante de pago deberase enviar a deportes@oleiros.org do 21 ao 26 de marzo. Os/as 200 agraciados/as no sorteo recibirán un correo electrónico cos pasos a seguir. As persoas non federadas para facer a licenza dun día deberán achegar ademais a copia do DNI (O Concello de Oleiros correrá cos gastos da tramitación). O custo orientativo da inscrición para todos/as os/as participantes é de aproximadamente 15 euros. Agás por causa imputable á Administración, non se fará a devolución do prezo público.
Quen tramita a solicitude? Concello de Oleiros
Organismo resolutor Concello de Oleiros
Máis información

Máis información e datos na web principal do Concello de Oleiros: XXX Tríatlon Concello de Oleiros 11 maio 2019

6 de Marzo do 2019

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029