Inicio -> Servizos xerais -> Rexistro electrónico -> Solicitude de autorización municipal para ocupar a vía pública

Solicitude de autorización municipal para ocupar a vía pública

Descripción

A licenza de Ocupación de Vía Pública concédese a cidadáns e/ou entidades públicas ou privadas para efectuar a ocupación dun área concreta de dominio público en calzadas, beirarrúas, prazas, etc., durante un período determinado e co fin de realizar sobre ela unha actividade ou aproveitamento propio.

Quen o pode solicitar?

Cidadáns e/ou entidades públicas ou privadas.

Cando iniciar o trámite?

08:00 - 15:00

Documentación a aportar
  • Esbozo que indique e describa a localización exacta da instalación que se pretenda.
  • A licenza (ou na súa falta, a súa solicitude) urbanística de obras.
Prazo de tramitación 3 Meses
Prezo e forma de pagamento

Tasa por ocupación de vía pública.

Liquídaa a administración emitiendo recibo de pagamento, que deberá aboarse con carácter previo á ocupación.

Normativa

Ordenanza municipal reguladora da utilización especial da vía pública de xeito temporal mediante instalación desmontables (BOP 31/01/2005).

Quen tramita a solicitude? Concellería de interior e seguridade cidadá, medio ambiente, facenda e urbanismo
Organismo resolutor Concellería de interior e seguridade cidadá, medio ambiente, facenda e urbanismo
Observacións

A concesión está suxeita ás limitacións urbanísticas, de uso, de ámbito ou de calquera outra índole que os servizos municipais consideren que condiciona a ocupación.

En todos os casos a ocupación concédese en precario: O Concello resérvase o dereito de ordenar o seu cesamento cando o estime necesario por causa xustificada.

Cando cesa a ocupación, o titular da licenza está obrigado a deixar en perfectas condicións o espazo público ocupado.

Máis información

Os domingos e festivos os colectores que sexan autorizados deben de ser retirados da vía pública.

18 de Xuño do 2018

Registro Electrónico Rexistro electrónico

Presencial Presencial

  • Oficina de atención ao cidadán
    • Praza de Galicia, 1
    • Horario:

      Horario de atención presencial:

      • De luns a venres, de 8:30 a 13:30

      Horario de atención telefónica:

      • De luns a venres, de 8:00 a 20:00
      • Os sábados de 9:00 a 13:00
    • Telf: 981 610000

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029