Inicio -> Servizos xerais -> Catálogo de trámites -> Inscrición Animais Perigosos

Inscrición Animais Perigosos

Descripción Os propietarios de animais cualificados como potencialmente perigosos han de inscribir ao seu animal no correspondente Rexistro Municipal, achegando a documentación indicada na normativa de aplicación
Quen o pode solicitar? Propietarios de animais cualificados como potencialmente perigosos segundo normativa de aplicación que residan no Concello de Oleiros
Cando iniciar o trámite? 08:00 - 15:00
Documentación a aportar Fotocopia da Licenza para ter animais perigosos en vigor, se non a expediu o Concello de Oleiros
Medios de contacto

Telf.: (981) 61 00 00

e-mail: ordenpublico@oleiros.org

Onde solicitalo? Praza de Galicia, Nº 1 Oleiros A Coruña
Prazo de tramitación 3 Meses
Normativa
  • Lei 50/1999 de 23 decembro 1999.
  • BOE núm. 307 de 24 decembro 1999.
  • Real Decreto 287/2002 de 22 marzo 2002.
  • BOE núm. 74 de 27 marzo 2002.
  • Lei autonómica 1/1993, do 13 de abril, de protección dos animais domésticos.
  • Decreto 153/1998, de 2 de abril.
  • Ordenanza Municipal de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade (publicada en BOP de 21 de agosto de 2002).
Quen tramita a solicitude? Concello de Oleiros
Forma de iniciación A petición do interesado
Requisitos Dispor da correspondente licenza para ter animais perigosos.
Organismo resolutor Concello de Oleiros
Efectos presuntos Desestimatorio
Fin da vía administrativa A resolución pon fin á vía administrativa
Observacións

O titular deberá comunicar a venda, traspaso, doazón, roubo, morte, traslado ou perda do animal ao Rexistro de Animais Potencialmente Perigosos.

O traslado dunha Comunidade Autónoma a outra, sexa con carácter permanente ou por período superior a tres meses, obriga ao propietario a efectuar as inscricións oportunas nos Rexistros municipais correspondentes.

Nas follas rexistrais farase constar o certificado de sanidade animal.

No Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos constarán os seguintes datos:

  • Datos do titular, propietario ou tenedor (nome, domicilio, DNI, teléfono e distrito municipal).
  • Número de licenza administrativa.
  • Características do animal que fagan posible a súa identificación individual.
  • Lugar habitual de residencia do animal.
  • Posibles incidencias de interese en relación co animal rexistrado, incluído o seu traslado.
  • Destino do animal ou finalidade da súa tenencia: compañía, garda, protección ou outras que se indiquen.

As autoridades responsables do Rexistro notificarán ás autoridades administrativas ou xudiciais, calquera incidencia que conste no Rexistro para adopción de medidas cautelares ou preventivas.

O incumprimento destes preceptos será obxecto da sanción administrativa correspondente

Trámites relacionados
13 de Maio do 2015

Registro Electrónico Rexistro electrónico

Presencial Presencial

  • Oficina de atención ao cidadán
    • Praza de Galicia, 1
    • Horario:

      Horario de atención presencial:

      • De luns a venres, de 8:30 a 13:30

      Horario de atención telefónica:

      • De luns a venres, de 8:00 a 20:00
      • Os sábados de 9:00 a 13:00
    • Telf: 981 610000

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029