Inicio -> Solicitude de acceso ao Portal do Provedor

Solicitude de acceso ao Portal do Provedor

Descripción

O Portal do Provedor é a plataforma telemática que permite aos provedores municipais realizar trámites por medios electrónicos co Concello de Oleiros, segundo establece a Lei 11/2007 de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos.

Os servizos que se poden realizar desde o Portal do Provedor son :

  • Consulta de datos: datos do provedor, contas bancarias, facturas, avais e fianzas.
  • Expedición automática de documentos: certificado de retencións IRPF, facturas do provedor e declaración de operacións de máis de 3005,06 euros.
  • Trámites on-line.
  • Consulta e seguimento dos trámites on-line.

Poderán ter acceso ao Portal do Provedor, aqueles que estean dados de alta no sistema informático do Concello de Oleiros. Articúlase o acceso de dous xeitos:

  • Mediante un DNI-e ou un certificado dixital emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), co que se poderá acceder tras aceptar (unicamente a primeira vez) as condicións de uso.
  • Realizando a solicitude dun identificador persoal e PIN (número secreto persoal). Unha vez tramitado o acceso por parte do Concello de Oleiros, recibirá un correo electrónico de confirmación na dirección facilitada na solicitude. A continuación poderá acudir ás dependencias municipais para asinar o contrato e recoller o seu PIN de acceso ao Portal do Provedor. Se nun futuro dispón de DNI-e ou certificado dixital FNMT poderá acceder tamén con el.
Quen o pode solicitar? Provedores do Concello de Oleiros
Documentación a aportar Copia escaneada das escrituras da sociedade polas que sexa nomeado administrador ou, na súa falta, copia escaneda do poder notarial suficiente para poder actuar ante as AA. PP.
Quen tramita a solicitude? Concello de Oleiros
Requisitos Ser provedor do Concello de Oleiros
Organismo resolutor Concello de Oleiros
13 de Maio do 2015

Telemático Sin certificado Tramitación sen certificado

Presencial Presencial

  • Área Económica
    • Avenida Francisca Herrera, 3
    • Telf: 981 610 000
    • Fax:  981 631 519

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029