Inicio -> Recollida de mobles

Recollida de mobles

Descripción

Con este servizo, o cidadán de Oleiros pode solicitar a recollida de mobles do seu domicilio para o seu traslado a un punto limpo, evitando a imaxe que o seu abandono produce na contorna urbana e a vía pública.

Non se debe esquecer que este servizo se presta exclusivamente mediante solicitude directa do cidadán, e a existencia de ordenanzas e bandos que regulan e sancionan o abandono de residuos no termo municipal, así como outras disposicións superiores (nacionais e europeas) sobre a retirada e tratamento residual de equipos e electrodomésticos polos seus propios fabricantes.

A súa utilización queda limitada a un número determinado de vultos, tipo e horario que se indicará por parte da empresa concesionaria do Consorcio das Mariñas, a través dun contacto previo. É imprescindible facilitar os datos requiridos na solicitude.

Quen o pode solicitar?

Veciños do Concello de Oleiros.

Quen tramita a solicitude? Concello de Oleiros
Organismo resolutor Concello de Oleiros
Observacións

As condicións xerais do servizo son as seguintes:

  • Os vultos a recoller non poden ser máis de catro. Noutro caso, deberán ser trasladados polos seus propios medios a un punto limpo. (Polígono de Iñás. AV/ Fonte Douro s/n - Iñás-15171 Oleiros)
  • Terán que ser situados a noite do xoves, a partires das 22:00h, ao lado do contenedor máis próximo ao seu domicilio que non moleste nin impida o tránsito de vehículos ou peóns
1 de Agosto do 2011

Telemático Con certificado Tramitación con certificado

Telemático Con DNI/PIN Tramitación con DNI / PIN

Telemático Sin certificado Tramitación sen certificado

Presencial Presencial

  • Oficina de atención ao cidadán
    • Praza de Galicia, 1
    • Horario:

      Horario de atención presencial:

      • De luns a venres, de 8:30 a 13:30

      Horario de atención telefónica:

      • De luns a venres, de 8:00 a 20:00
      • Os sábados de 9:00 a 13:00
    • Telf: 981 610000

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029