Inicio -> Hora oficial

Data e hora oficial da sede electrónica

A data e a hora oficial da sede electrónica é un dos requirimentos básicos para o rexistro electrónico de documentos, escritos e comunicacións que requiren o cómputo de prazos tanto para a cidadanía como para o Concello.

Para calquera xestión, a data e a hora da sede é a que terá validez legal e non a do equipo desde o cal se realiza o trámite. O servizo que proporciona a data e a hora oficial é ofrecido polo Real Observatorio da Armada e a sede electrónica está sincronizada con el.

Regulación legal

  • O artigo 26.1 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos sinala: "os rexistros electrónicos rexeranse para os efectos de cómputo dos prazos imputables tanto aos interesados como ás Administracións públicas pola data e hora oficial da sede electrónica de acceso, que deberá contar coas medidas de seguridade necesarias para garantir a súa integridade e figurar visible".
  • O artigo 15.2 do Real decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o esquema nacional de interoperabilidade no ámbito da Administración electrónica sinala que a sincronización da data e da hora realizarase co Real Instituto e Observatorio da Armada, de conformidade co previsto sobre a hora legal no Real decreto 1308/1992, do 23 de outubro.

Hora oficial

30 de Xuño do 2015

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029