Inicio -> Sobre a sede -> Carta de servizos electrónicos -> Expedición de documentos electrónicos

Expedición de documentos electrónicos

O servizo de expedición de documentos electrónicos do Concello de Oleiros permítelle á cidadanía obter en tempo real e desde o seu domicilio os documentos telemáticos de acordo ao Real decreto 209/2003. Os documentos electrónicos emitidos posúen todas as características técnicas e funcionais necesarias para obter a mesma validez que un documento en papel.

Este servizo do Concello de Oleiros permite que un cidadán ou cidadá poida xerar determinados documentos de xeito automático.

Por medio da caixa de correos, a persoa pode consultar en todo momento a dispoñibilidade dos documentos.

O acceso á xeración de documentos realízase desde os servizos de consulta de información persoal e entre os documentos que pode obter están os seguintes:

  • Volante de empadroamento individual
  • Carta de pagamento dun recibo
  • Xustificante de pagamento dun recibo
  • Xustificante de pagamento telemático dun recibo
  • Carta de pagamento dunha multa
  • Xustificante de pagamento dunha multa
  • Xustificante de pagamento telemático dunha multa

Estes documentos poderán ser validados por calquera cidadán no servizo de Validación de documentos expedidos electrónicamente.

8 de Abril do 2015

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029