Inicio -> Sobre a sede -> Axuda da sede -> Requisitos e recomendacións técnicas

Requisitos e recomendacións técnicas

Para visualizar correctamente a sede electrónica do Concello de Oleiros, débense de ter en conta as seguintes recomendacións e requisitos técnicos:

  • Deberase dispor dunha resolución mínima de pantalla de 800 x 600 píxeles.
  • É recomendable activar o uso de Javascript para aproveitar toda a funcionalidade do portal, aínda que se dispón dunha alternativa para a maioría do código Javascript, para aqueles usuarios que teñan o Javascript desactivado ou versións antigas sen soporte de DOM.
  • Para acceder ás páxinas recoméndase utilizar os seguintes navegadores:
    • Internet Explorer versión 11.0 ou superior.
    • Mozilla Firefox versión 35 ou superior (Para o acceso ao rexistro electrónico será necesaria a versión ESR38).
    • Google Chrome versión 40 ou superior (Non soportado para rexistro electrónico).

É recomendable que teña implantado no seu navegador o certificado raíz da entidade emisora (CA) que utiliza esta páxina Web. Normalmente, o navegador Microsoft Internet Explorer xa ten instalados estes certifiados. No caso de que desexe usar outro navegador, pode implantalos e así evitar que lle aparezan avisos de ameazas nesta paxina Web. Nos seguintes documentos explicamos como descargar as CA e como implantar estes certificados no navegador FireFox:

Se vostede usa o navegador Internet Explorer e ten algún problema na obtención da sinatura dixital recomendámoslle que, para o seu correcto funcionamento, instale a actualización do compoñente de Windows que proporciona Microsoft.

No caso de utilizar Internet Explorer 8 debe agregar o sitio https://sede.oleiros.org en "Ferramentas"--> "Configuración de Vista de Compatibilidade".

Para a obtención de certificados e para a impresión de documentos necesita ter instalado un lector de arquivos PDF como Adobe Acrobat Reader.

Para a correcta comprobación da firma naqueles documentos que o Concello de Oleiros asinase dixitalmente, deberá ter configurada a aplicación Acrobat Reader conforme ao seguinte manual.

Descarga de arquivos

Descargar archivo

Validación firma
Tipo de arquivo:  PDF   | Idioma: Galego

7 de Xuño do 2017

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029