Inicio -> Servizos persoais -> Validación de documentos

Validación e comprobación de documentos

Os documentos emitidos electronicamente polo Concello de Oleiros incorporan no pé de páxina un texto explicativo sobre a natureza do documento así como un enderezo de Internet onde é posible validar o documento emitido.

Neste enderezo, calquera persoa (habitualmente un/unha terceiro/a receptor/a do documento) pode comprobar o documento presentado introducindo o número de validación e o NIF da persoa solicitante. Desta forma esa persoa pode ver en pantalla o documento orixinal que no seu día emitiu o Concello e así comparalo co orixinal presentado.

Para a correcta comprobación da firma naqueles documentos que o Concello de Oleiros asinase dixitalmente, deberá ter configurada a aplicación Acrobat Reader conforme ao seguinte manual.

Descarga de arquivos

Descargar archivo

Validación firma
Tipo de arquivo:  PDF   | Idioma: Galego

21 de Abril do 2017

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029