Inicio -> Servizos persoais -> Autoliquidacións, tributos e pagamentos

Autoliquidacións, tributos e pagamentos

Para o aboamento dos diferentes tributos, taxas ou prezos públicos, o Concello de Oleiros deseñou varias posibilidades, de forma que a cidadanía poida simular algunhas liquidacións, así como realizar o pagamento doutras.

O servizo de pagamento telemático permite efectuar o pagamento de recibos, multas e autoliquidacións.

Cada un dos tributos correspondentes rexerase conforme ao establecido na súa respectiva ordenanza, especificándose en cada unha delas as circunstancias particulares dos devanditos tributos.

As simulacións de autoliquidacións permitirán ao cidadán calcular doadamente os tributos a aboar.

As autoliquidacións permitirán ao cidadán xerar o documento de pagamento dos tributos correspondentes, así como nalgúns casos proceder ao seu aboamento mediante cargo en conta ou tarxeta.

8 de Abril do 2015

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029