Inicio -> Servizos persoais -> Consulta de datos persoais

Consulta de datos persoais

A consulta de datos persoais é un servizo desenvolvido en liña para a cidadanía de Oleiros, a través deste servizo poderanse visualizar os datos básicos que unha persoa ten rexistrados no Concello de Oleiros e adicionalmente permitir a actualización e corrección daqueles que sexan incorrectos.

Para que poida utilizar este servizo é necesario que se identifique mediante:

  • Certificado dixital dalgunha das autoridades de certificación aceptadas pola plataforma.
  • Usuario e contrasinal. Se aínda non dispón de clave para entrar, pode solicitar a alta na Carpeta Cidadá.

Os datos que se poden consultar a través deste servizo son:

  • Datos de contacto: amosa os datos de contacto.
  • Calendario fiscal: calendario persoal do/a contribuínte
  • Propiedades: relación de unidades fiscais que a cidadanía ten creadas, desde as cales poderá consultar os recibos asociados a estas, solicitar domiciliacións...
  • Xestión de recibos: información sobre os recibos de distintos conceptos tributarios, agrupándoos en función do estado en que se atopan.
  • Padrón de habitantes: información referente á situación de empadroamento, así como os datos asociados á súa ficha padroal, tanto os de carácter persoal propios como os relativos ao domicilio. Tamén permite poder obter en tempo real un certificado telemático como pode ser un volante de empadroamento individual, colectivo, etc.
  • Rexistro de entrada: consultar as anotacións de entrada e saída do Rexistro Xeral de entrada/saída do Concello nas que interveu a persoa.

Os servizos relacionados

18 de Maio do 2015

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029