Inicio -> Servizos persoais -> Iniciación da tramitación

Iniciación de tramitación

Este servizo permite realizar ante o Concello de Oleiros peticións de servizos ou comunicacións de calquera tipo, xa sexan de carácter particular ou relacionadas con equipamentos ou territorio en xeral.

Como primeiro paso para iniciar a tramitación, disponse do catálogo de trámites, que está constituído pola relación dos trámites ofrecidos polo Concello co obxectivo de que a cidadanía coñeza a oferta de trámites municipais.

Cada trámite presenta a información completa necesaria para realizar a xestión, como a descrición, os prazos e requisitos para iniciar a solicitude, prazos de resolución, a normativa aplicable, etc.

Adicionalmente, disponse das diferentes canles ou medios para realizar a tramitación:

  • Presencial: Ofrécese a información do lugar de presentación para que poida acudir a realizar a xestión.
  • Descarga de formulario: Complementario á presentación presencial, pódese descargar o formulario e imprimilo para que poida cubrilo tranquilamente e posteriormente presentalo na Oficina de atención ao cidadán do Concello de Oleiros.
  • Telefónica: No caso dalgúns trámites pódese realizar a iniciación da tramitación de forma telefónica.
  • Telemática sen identificación ou telemática con identificación: Moitos dos trámites pódense iniciar directamente desde a web mediante a utilización de formularios para cubrir. O formulario contén toda a información necesaria que debe fornecer a cidadanía e/ou empresa, permitindo iniciar o proceso de tratamento no sistema de xestión do Concello. Se realiza a tramitación telemática, posteriormente poderá facer o seguimento do estado e a súa evolución.

Os trámites, en función da súa natureza, permiten nalgún caso a iniciación de forma anónima (tramitación telemática sen identificación), aínda que na maioría requírese a identificación, para o que é necesario que a persoa/empresa dispoña dun dos seguintes medios de identificarse:

Os servizos relacionados

30 de Xuño do 2015

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029