Inicio -> Sobre a sede -> Que é a sede electrónica

Que é a sede electrónica

A sede electrónica é o enderezo electrónico do Concello de Oleiros(https://sede.oleiros.org) a través da cal a cidadanía e as empresas poden exercer o seu dereito de acceso á información, aos servizos e aos trámites electrónicos do noso concello.

A sede electrónica é un espazo de relación coa cidadanía.

A Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos recoñece o dereito da cidadanía a relacionarse coas administracións públicas por medios electrónicos para o exercicio dos dereitos previstos no artigo 35 da Lei 30/1992.

A Lei 11/2007 establece que a sede electrónica é aquel enderezo electrónico dispoñible para a cidadanía a través de redes de telecomunicacións cuxa titularidade, xestión e administración corresponde a unha Administración pública, órgano ou entidade administrativa no exercicio das súas competencias. As sedes electrónicas disporán de sistemas que permitan o establecemento de comunicacións seguras sempre que sexan necesarias.

O establecemento dunha sede electrónica implica a responsabilidade do titular respecto da integridade, veracidade e actualización da información e os servizos aos que poida accederse a través desta. Deberá garantir a identificación dos medios dispoñibles para a formulación de suxestións e queixas.

Cada Administración pública determinará as condicións e instrumentos de creación das sedes electrónicas, con suxeición aos principios de publicidade oficial, responsabilidade, calidade, seguridade, dispoñibilidade, accesibilidade, neutralidade e interoperabilidade.

A publicación nas sedes electrónicas de informacións, servizos e transaccións respectará os principios de accesibilidade e usabilidade de acordo coas normas establecidas respecto diso, estándares abertos e, no seu caso, aqueloutros que sexan de uso xeralizado pola cidadanía.

O establecemento das sedes electrónicas está contemplado no artigo 10 da Lei 11/2007.

A sede electrónica entrará en funcionamento de xeito progresivo, conforme se vaia despregando o Plan de administración electrónica do Concello de Oleiros.

Para aclarar calquera dúbida sobre a Sede Electrónica do Concello de Oleiros rogámoslle que se poña en contacto connosco por medio do enderezo electrónico soportesede@oleiros.org ou chamando ao teléfono de atención á cidadanía 981 610 000.

9 de Xuño do 2015

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029