Inicio -> Aviso legal

Aviso legal

Dereitos da cidadanía na súa relación coa Administración:

  • Ser informados, orientados e tratados respectuosamente.
  • Coñecer a identidade dos responsables dos trámites.
  • Acceder aos rexistros e arquivos administrativos, sempre que non se lesionen dereitos de terceiros ou existan razóns de interese público que o impidan.
  • Obter copia selada dos documentos orixinais que presente e a súa devolución, sempre que non deban figurar no expediente.
  • Coñecer o estado de tramitación dos expedientes nos que se teña condición de interesado e obter copias dos seus documentos.
  • Formular alegacións e achegar documentos en calquera momento do procedemento anterior ao trámite da audiencia.
  • Non presentar documentos que non se esixan nas normas ou xa estean en poder da Administración que xestiona o asunto.
  • Elixir o lugar e o medio preferente para a entrega de notificacións.
  • Obter unha resposta expresa por parte da Administración.
  • Esixir responsabilidades á Administración e ao persoal ao seu servizo cando así corresponda legalmente. Consultar o Rexistro Xeral de Protección de Datos, sobre o tratamento e finalidade dos seus datos e a identidade do responsable do ficheiro.
  • Rectificar, cancelar e oporse ao uso dos seus datos, nas condicións previstas na lei.
  • Calquera outro que lles recoñezan a Constitución e as leis.

Adaptación do art. 35 da Lei 30/1992 do réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro e artigos 14, 15 e 16 da Lei orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal.

Se vostede considera que algúns destes dereitos non é respectado, pode efectuar a súa reclamación a través do sistema de queixas e suxestións que o Concello pon á súa disposición.

6 de Xullo do 2011

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029