A sede electrónica do Concello de Oleiros ten a vocación de converterse nunha canle de comunicación accesible e universal para toda a cidadanía.
Por este motivo utilizáronse na súa construción as medidas e criterios que a continuación se expoñen e que facilitan que as persoas usuarias obteñan coa menor dificultade posible a información e os servizos que pomos á súa disposición.
Concepto de usabilidade web
Usabilidade significa colocar no centro do deseño e da estruturación de contidos as necesidades dos usuarios e das usuarias. Prentende que as persoas usuarias leven a cabo as diferentes tarefas dispoñibles con eficacia, eficiencia, rapidez, facilidade e satisfacción.
Concepto de accesibilidade web
Consiste en facilitar o acceso á web ao maior número de usuarios posible, independentemente das súas características (capacidades/limitacións, hardware, software, comunicacións, etc).
Para iso a web foi deseñada tendo en conta os seguintes estándares:
O deseño realizouse baixo a recomendación do W3C sobre as Follas de Estilo en Cascada (CSS). Se o navegador ou dispositivo de navegación non soporta follas de estilo, o contido da web segue sendo totalmente lexible grazas ao seu marcado estrutural.
Este sitio web foi deseñado e programado seguindo as directrices da iniciativa WAI (Web Accessibility Initiative, www.w3.org/wai), que marca uns estándares internacionais na creación de contidos webs accesibles para todos. Para analizar a accesibilidade de portal utilizouse o Test de Accesibilidade Web (TAW). O portal cumpre a prioridade 3 (Nivel de accesibilidade Tripla A).
Resumo de medidas adoptadas sobre usabilidade e accesibilidade
Como cambiar o tamaño do texto
Se desexa aumentar ou diminuír o tamaño da presentación, pode facelo:
Para rematar, só recordarche que a web está deseñada pensando nos teus intereses, por iso, se queres realizarnos algún comentario ou suxestión de mellora non dubides en facelo utilizando o formulario de queixas e suxestións. Entre todos poderemos construír a web que necesitas.
Concello de Oleiros
Praza de Galicia
1.
15173
Oleiros
(A Coruña)
Teléfono: 981-610000
| Fax: 981-631029